Etimolóxica
lenda chantadesa
San Fiz, nas ribeiras, preto dos << Infernos>>, veu a nai co demo pasa-los invernos. Seica, cada noite, voaban a cegas, roubando fumeiros, furando as adegas. Avancando as muras da man do perello, brincando dun escairo crebou un ortello. Laiábase a dema da súa torcedela, o diaño a carrexa coma unha fardela. Gallopa, gallopa, sen gardar carreiro, de présa, á procura dalgún curandeiro. Daquela na Vila non hai máis ca trollos, e co xenio o trasno engrandalle os ollos. Sacudiu á dema preto da Fonte Arcada, e fuxiu berrando: ¡Aí ficas, chantada!... Extraido de CONTOS, LENDAS E NAMOROS de Xulio Eyré Lamas (Xulio de Abral)
|
Páxina en construcción non sexas demasiado crítico podes poñerte en contacto ... bueno xa sabes
|